Palabras e funcións (1º ESO)
starstarstarstarstarstarstarstarstarstar
by Xano Cebreiro
| 30 Questions
Note from the author:
Revisión da morfoloxía e sintaxe oracional en lingua galega
Repaso da da morfoloxía. Fíxate no esquema e responde as cuestións seguintes.
Podes apoiarte tamén no seguinte vídeo (non precisa audio).
1
1
Cal é sufixo derivativo de plantacións?
plant
acion
s
óns
2
1
Cal é o lexema de transplantaremos?
trans
plant
ar
emos
3
1
Marca todas palabras que conteñan morfemas flexivos
plantiñas
plantación
plantas
plantado
4
1
Escribe o antónimo de posíbel creado co engadido dun prefixo.
5
1
Que elementos (en orde) contén a palabra descafeinados?
afixo sufixo alterativo + afixo prefixo + morfemas flexivos + lexema
lexema + afixo prefixo + morfemas flexivos + afixo sufixo derivativo
afixo prefixo + lexema + afixo sufixo derivativo + morfemas flexivos
morfemas flexivos + afixo sufixo + lexema + afixo prefixo
6
1
Sabes que a raíz ou lexema dunha palabra é aquela que se mantén ao flexionala e que é quen achega o significado básico. Por exemplo, o lexema de revivir é viv (re é prefixo que se engade a vivir, e ir é a desinencia verbal de infinitivo). Completa ti a listaxe de lexemas das palabras xuíza, leoa, fera, mociño, festeiros: xuíz, leo, [pon comas entre os lexemas pero non ao principio nin ao final]
7
1
Cales das seguintes palabras conteñen sufixos?
Portaría
Árbore
Herba
Canastra
Esvaradoiro
Funcións sintácticas. Fíxate no esquema e responde as cuestións seguintes.
Tamén podes apoiarte no seguinte vídeo (non require audio).
8
1
Cal é o suxeito de Para min son sinuosas as estradas?
Para min
son
sinuosas
as estradas
9
1
En A estrada quedou estragada, que é estragada?
Suxeito
Atributo
Predicativo
CD
10
1
A estas palabras fáltanlles os acentos. Escribe (reproduce) o suxeito desa oración.
11
1
Sinala todas oracións que conteñan Suplemento ou Complemento preposicional.
Este instituto non dispón de aulas Abalar
Esquecinme de traer o material
Contamos contigo para o partido!
Veu coa súa irmá hoxe
12
1
Imos completar a oración "As directoras chegaron..." cun CC. En que caso dos seguintes non hai CC?
As directoras chegaron ao instituto
As directoras chegaron antonte
As directoras chegaron cansas
As directoras chegaron tarde
13
1
Imos completar a oración "Meu pai colleu..." cun CD. En que caso dos seguintes non hai CD?
Meu pai colleu pola esquerda
Meu pai colleu o bus
Meu pai colleu moitas castañas
Meu pai colleu unha baixa
14
1
Imos completar a oración "Escribín un correo..." cun CI. En que caso dos seguintes non hai CI?
Escribín un correo a todos
Escribín un correo para pedir información
Escribín un correo á túa adestradora
Escribinche un correo
15
1
Imos completar a oración "Roma é..." cun ATRIBUTO. En que caso dos seguintes non hai ATR?
Roma é sempre
Roma é enorme
Roma é a capital de Italia
Roma é unha gran cidade
16
1
Escribe (reproduce) o CD de Fotografou o seu pai cunha cámara analóxica.
17
1
Escribe (reproduce) o CD de Non che merquei nada desta vez.
18
1
Escribe o CI non pronominal de Vendinlle un dos meus cadros a Lidia onte.
19
1
Escribe o CI (pronominal) de Non me deron o premio.
20
1
Que é te en Chamareite mañá pola tarde. Ten en conta que na 3ª p. é chamareino (non *chamareille).
CD
CI
21
1
Escolle as funcións presentes no enunciado Macías estuda todos os días no seu cuarto na orde na que aparecen.
SUX - NÚCL PDO - CD - CI
SUX - NÚCL PDO - CCT - CCL
SUX - NÚCL PDO - CD - CCL
NÚCL PDO - SUX - SUPL
22
1
Escolle as funcións presentes no enunciado Onte chegaron ás dúas da mañá na orde na que aparecen.
CCT (adv) - NÚCL PDO - CCT (s. prep.)
CCL (adv) - NÚCL PDO - CCT (s. prep.)
SUX - NÚCL PDO - CCT
CCM - NÚCL PDO - CCT
23
1
Escolle as funcións presentes no enunciado Corta o pan co coitelo na orde na que aparecen.
NÚCL PDO - SUX - CCL
NÚCL PDO - SUX - SUPL
NÚCL PDO - CD - SUPL
NÚCL PDO - CD - CCI
24
1
Escolle as funcións presentes no enunciado Eles falan con indiferenza na orde na que aparecen.
SUX - NÚCL PDO - CD
SUX - NÚCL PDO - SUPL
SUX - NÚCL PDO - CCM
SUX - NÚCL PDO - ATR
25
1
Escolle as funcións presentes no enunciado Os bombeiros apagaron o lume na orde na que aparecen.
SUX - NÚCL PDO - CD
NÚCL PDO - CD - CCI
CD - NÚCL PDO - SUX
CI - NÚCL PDO - CD
26
1
Escolle as funcións presentes no enunciado Ana aínda está triste pola perda do seu can na orde na que aparecen.
SUX - NÚCL PDO - CCM - CCC
ATR - CCT - NÚCL PDO - SUX - CCM
SUX - NÚCL PDO - ATR - CCM - CD
SUX - CCT - NÚCL PDO - ATR - CCC
Le o seguinte texto e contesta as cuestións que van a seguir.

27
1
Escribe (reproduce) a palabra constituída por dous lexemas en A estrada era estreita e sen beiravía, e con abundantes cruces e rotondas.
28
1
Escribe (reproduce) a palabra que contén un sufixo derivativo e mais un morfema flexivo en Sen demasiado tránsito salvo nas proximidades de Liverpool e Manchester.
29
1
Nos B&B está case sempre asegurado un bo almorzo. Sinala as afirmacións verdadeiras a respecto desa oración.
Asegurado funciona como ATR
Un bo almorzo é CD
Un bo almorzo é SUX
Hai un CCT
30
1
Na oración Ensináronnos o cuarto e o funcionamento da cociña, o fragmento en grosa é (fíxate en que se pode substituír por Ensináronnolos):
SUX
ATR
CD
CI
Add to my formatives list

Formative uses cookies to allow us to better understand how the site is used. By continuing to use this site, you consent to the Terms of Service and Privacy Policy.